miércoles, 29 de febrero de 2012

Apertura de diafragma e Profundidade de Campo (DOF)

A Profundidade de Campo ou DOF (Deph of Field en inglés) é unha medida da cantidade de campo visual que permanece en foco ó facer unha fotografía. Canto máis cantidade de espacio apareza enfocada, máis grande é a profundidade de campo.

Esta profundidade depende principalmente de tres parámetros: a apertura, a distancia focal, e a distancia de enfoque.

A maior apertura (número f máis baixo), a maior distancial focal e a menor distancia ó suxeito, tanto menor é a profundidade de campo, e viceversa.

Isto nos permite aproveitar o desenfoque para centrar a atención nos elementos enfocados, recurso moi utilizado no retrato.

A continuación veremos unha fotografía no que se amose a diferencia de PdC ó cambiar a apertura (diafragma)

Mirade como canto máis abrimos o diafragma (número máis baixo), maior é o desenfoque do fondo.

Con obxectivos moi luminos (é decir, con aperturas moi grandes (números baixos, lembra)) a profundidade de campo redúcese tanto que resulta moi complicado enfocar ó punto exacto que precisamos, puidendo ser a zona enfocada duns únicos cms de profundidade. Isto case que obliga a enfocar sempre con precisión e de forma manual para evitar sorpresas.

 Como podedes ver na foto seguinte, a zona enfocada sempre vai a destacar fronte á parte desenfocada. A técnica utilizada para destacar unha zona desenbfocando outra recibe o nome de Enfoque Selectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario