A psicoloxía definea como un fenómeno psicolóxico consistente en que un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibida erróneamente coma unha forma recoñecible.
Nesta actividade deberedes buscar exemplos propios que amosar e que respondan á premisa de imaxes pareidólicas. Tende en conta que as imaxes deberán de ser fermosas e ben compostas ademáis de responder á pareidolia. E por suposto atender ós principios xerais de composición.
As fotos teñen que ser orixinais e propias e as subiredes ó blog baixo un nome igual ó deste tema.
Entregaredes como pouco unha pareidolia xerada no medio natural e outra xerada mediante obxectos ou construccións artificias. Os obxectos non deberían de ser modificados.
Exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario